Obradoiros de lectura e monicreques para celebrar o Día do Libro en Alfoz

Cartaz do Día do Libro de Alfoz

Alfoz apúntase ao interese pola lectura. Con motivo do Día do Libro, o vindeiro sábado 24 de abril, a Área de Cultura deste concello ten previstas varias iniciativas, entre elas, obradoiros de lectura e teatro de monicreques.
Así, no obradoiro creativo e lúdico haberá unha lectura de libros dirixido á nenas e nenos de 3 a 12 anos. Levarase a cabo na Biblioteca Pública de Alfoz de 17.00h a 19.00h. Segundo apunta o concello nun comunicado, é preciso inscribirse previamente, desde o luns 19 ao xoves 22 no Concello (Rexistro), sendo grupos reducidos e adaptados á normativa actual, cumprindo todos os protocolos contra a Covid-19.
Por outra banda, tamé se preve un “Xogo revolto“. Trátase de teatro de monicreques de Trécola dirixido a público familiar. Celebrarase no Salón de Actos de Cultura ás 19.30h. A entrada gratuita e hai limitación de aforo.
Máis información en https://drive.google.com/file/d/1MTnnSP5g_109DvKl1QAu_V3AzZzEVW8Q/view?usp=sharing ou no teléfono 982 558 001 (ext. 2).

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here